September 2008
4 posts
Stephen Chow dirixirá O Abázcaro Verde →
O director chinés fará o seu debut no cinema estadounidense cunha versión da serie clásica O Abázcaro Verde (The Green Hornet, El Avispón Verde). O orixinal contaba como protagonistas con Van Williams e Bruce Lee.
Stephen Chow ademáis interpretará a Kato.
A estrea nos EUA está prevista para o 25 de xuño de 2010
O Protexido 2? →
Shyamalan di que existe a posibilidade de facer unha segunda parte do que para moitos é o filme de superheroes definitivo.
Gonzalo Lopez-Gallego dirixirá 'A Jealous Ghost' →
O director de El Rey de la Montaña dirixirá a Kirsten Dunst nun filme de pantasmas baseada nunha novela que conta a historia dunha moza que vai a Londres a facer un traballo sobre un escritor para atopar que os sucesos das súas obras pásanlle a ela.
A Jealous Ghost (2009)
Haberá un xuizo en Transformers 2 →
Un dos guionistas de Transformers 2. Revenge of the Fallen (A vinganza dos caidos), Roberto Orci, afirmou que o xuizo a Optimus Prime será unha auténtica batalla legal.