May 2010
4 posts
Leonardo Da Vinci and the Soldiers of Forever
Leonardo Da Vinci forma parte dunha sociedade secreta que loita contra demos, codigos secretos, civilizacións perdidas, fortalezas ocultas e anxos caidos.
Escribe o guión Marc Guggenheim. A estrea, alá para 2013.
Spring Break Zombie Cruise 3D
Un virús que transforma á xente en zombis libérase nun cruceiro cheo de adolescentes nas vacacións de primavera. Un militar e algúns estudantes inmunes ó virus loitarán por sobrevivir e evitar que a infección chegue a terrra firme.
Está escribindo o guión Matt Pitts.
Alien será unha nova triloxía 3D →
Dirixida por Ridley Scott e con guión de John Spaiths.
Novas relacionadas: Fox só farán a secuela de Alien con Ridley Scott coma director.
Green Hornet a 3D e máis retraso →
Sony anuncia que o filme de Michel Gondry, Green Hornet (O abázcaro verde) será convertida 3D e a súa estrea retrásase para o 14 de xaneiro de 2011.
Novas relacionadas: Stephen Chow dirixirá O Abázcaro Verde, Edward James Olmos en The Green Hornet e Nicolas Cage sae de The Green Hornet.