June 2010
5 posts
Unha secuela de Constantine inda é posíbel →
A produtora da primeira parte (e de Lady Halcón, Liberad a Willy, Volcano, Tienes un e-mail, todas as de X-Men…),Lauren Shuler Donner, non perde a esperanza.
Guillermo del Toro podería rodar unha versión de... →
Facendo interpretación dunhas recentes declaracións concluen que un dos próximos proxectos do mexicano podería ser unha versión gótica e chea de horror, fantasía e western da coñecida novela de Alexandre Dumas.
O título do filme sería The Left Hand of Darkness e tería como guión o que escribira Del Toro xunto a Kitt Carson e Matthew Robbins entre 1993 e 1998.
Michael Fassbender será Magneto →
Xa está todo practicamente pechado para que Fassbender interprete a un rexuvenecido Erik Lensherr/Magneto en X Men: First Class, o novo comezo da franquía.
Dirixe Matthew Vaughn e a estrea é para xuño do 2011.
Peter Jackson negocia dirixir The Hobbit →
O bombazo destes días. O resultado, nesta semana que vén.
Dr. Strange xa ten guionistas →
Thomas Donnelly e Joshua Oppenheimer escribirán o guión do que podería ser o primeiro filme de superheores da Marvel na era Disney.