miniCINEMA FRIKI

Pregunta o que queiras sobre cinema ;)   Para todas esas pequenas novas que non caben en CINEMA FRIKI

Nikolaj Coster-Waldau, Jaime Lannister en Game of Thrones, protagonizará Mama →

O éxito absoluto de Game of Thrones (Juego de tronos, David Benioff e D.B. Weiss, 2011 - ?) fai que os seus actores comecen a ser solicitados para outros proxectos. Este é o caso de Nikolaj Coster-Waldau, que na serie interpreta maxistralmente ó cabaleiro irmá da raiña Jaime Lannister.

No filme Mama (Andrés Muschietti, 2012) Coster-Waldau interpreta xunto a Jessica Chastain a unha parella que se fan cargo duns sobriños que levan cinco anos a vivir no bosque e que, despois de sinistros acontecementos, veremos como son reclamados por unha entidade sobrenatural.

O filme adapta a longa a curtametraxe Mamá (Andrés e Bárbara Muschietti) e está producido por Guillermo del Toro.

— 5 months ago